domingo, 25 de noviembre de 2012

Seguimos camiño.- Cara a ÉVORA




Ao Cabo naceu sendo un proxecto que pretendía trasladar alá donde fora o sentir e o pensar dun pobo e dunhas xentes.


É por iso que -unha vez rematado o periodo inicial en Ourense- collemos camiño cara donde o destino en si queira acollernos.

Nesta primeira parada, recalaremos en Évora (Portugal) , segundo a información que se pode ver neste mesmo blog, na pestana chamada ORALIDADES- Portugal


É por iso, que seguindo co nóso proceder, e tal como estaba previsto convocamos o seguinte punto de encontro do  concurso


FOTOPOEMAS para partilhar



Do que atoparedes a información mais detallada, entrando AQUÍ

Se na primeira convocatoria tivemos mais de 80 participantes... ¿seremos quen de chegar a 100 nesta segunda fase?

Sorte a todos, e moitas grazas sempre, polo voso apoio.



jueves, 18 de octubre de 2012

FOTOPOEMAS PARA COMPARTIR

Os presentamos el álbum completo de las imágenes presentadas a nuestra actividad FOTOPOEMAS PARA COMPARTIR.

Provienen de diferentes lugares, están escritas en varios idiomas y  en cada una de ellas subyace el sentir de un autor o autora, que quiere enriquecer su obra con un componente poético, tan singular como necesario.

La ganadora será expuesta en el Museo Municipal de Ourense, al mismo tiempo que la propia exposición Ao Cabo, y se llevará como premio obra original de los autores Esther Morán y del propio Juan Louro.

Gracias a todos por vuestro apoyo, y ánimo..... ¡Habrá más convocatorias...!




Tendes o portfolio completo, para visualizar as imaxes de unha en unha neste enlace:

sábado, 6 de octubre de 2012

miércoles, 5 de septiembre de 2012

FOTOPOEMAS para compartir

Queremos que Ao Cabo sexa un proxecto  que transmita emocións. Algunhas sensacións que aínda sendo coñecidas, son de todos xeitos intransferibles para cada un de nós.


Foto.- Juan Louro
Texto.- Pilar Osorio


Gustaríamos propoñervos un xogo. Una interacción entre artistas, a traverso do que teñades a posibilidade de amosar o voso punto de vista literario e fotográfico do mundo que temos darredor. Da cotidianeidade que vemos a cotío.


Non é preciso que as imaxes se limiten a unha temática concreta, pero nelas si deben xuntarse os dos conceptos que propoñemos: imaxe e poesia, ben con vesos propios ou alleos, ou alomenos, coa inclusión dunha palabra.

 Polo tanto, cada fotografía debe levar escrito nalgún lugar do campo visual, un poema, un texto ou unha palabra que nos remita ó seu significado, ou ó que quere representar, como nos modelos que ilustran este post.



Foto y texto: Ana Skette



A mecánica vai ser a seguinte.

 
- Debedes enviar fotografías segundo as instruccións indicadas á seguinte dirección: anaskette@gmail.com
- O prazo de presentación comeza o luns día 17 de setembro ás 12 horas, e remata o domingo 17 de outubro ás 24 h.
- Tódalas fotografías presentadas subiranse neste blog, nun post específico ao evento de Facebook, e a Twitter ó día seguinte do peche do prazo.

 - Cada un dos participantes, terá que compartir a súa foto, dende unha galería creada en FB, e publicaraa no seu muro. O fotopoema con mais "me gusta" gañará un exemplar do libro .



Doado polas súasautoras, para esta iniciativa .

O prazo para acadar este agasallo será dende o 18 deica o día 22 de ooutubro ás 00 horas.




Por outra banda, no debate de twitter, prvisto para o día 21 de outubro, ás 7 da tarde (podería ser modificada esta hora), tódolos participantes van decidir que imaxes destacan pola súa cualidade técnica e estética. E remitirán ó xurado unha selección delas, para que este tome a decisión final sobre cal é merecedora do premio principal

Consistente en:

2 fotografías orixinais  e enmarcadas

unha de Esther Morán (copia da portada do libro, de título: Naturaleza exquisita); e outra de Juan Louro, correspondiente a un dos  descartes da exposición AO CABO, impresa -ó  igual que as definitivas- en papel hahnemuhle, en formato de 20 x 30.



O xurado está formado por:

- Eva Torres; Directora do Museo Municipal de Ourense
- Lúa LG (Orballa); Lic. en Belas Artes, e Deseñadora Gráfica
- Mª Jesús Ballester; Lic. en Belas Artes e profesora de arte

- Ana Skette; Comisaria expositiva do proxecto, que actuará como secretaria sen voto.
- Juan Louro, invitado, sen voto.

El día 23 de octubre de 2012, en la rueda de prensa inaugural de Ao Cabo, se harán públicos los nombre de los ganadores.
O día 23 de outubro de 2012, na rolda de prensa inaugural de Ao Cabo, faranse públicos os nomes dos gañadores.




¡Empezade a pensar!
Estamos esperando as vosas propostas...


sábado, 1 de septiembre de 2012

Descarte

O resultado de esperar a que amanecera en un día de chuvia.
Un dus aspectos positivas da fotografía en xeral,e que tempo despois de facer unha toma e revisala,volves a lembrar os intres e as sensacións que produxeron...os ulidos,sons,encanto ou desengano polo resultado...emocións en definitiva,que é do que se trata esto da fotografía.
Como cada foto ten a súa propia historia,é mui complicado desfacerse dela e non incluíla no proxecto final,pero si non se fixera así,o traballo dun ano daría para que a exposición en lugar de constar de 22 fotos,sería probablemente de 365..ou mais.
Outro descarte,pois


sábado, 25 de agosto de 2012



AGOSTO:
Soledad, pozo negro
Su cuerpo duerme a mi lado
La sábana amortaja el deseo.
 
 
 
 
Gracias a nuestra amiga Pilar Osorio, maravillosa poeta
que ha querido regalarnos sensibilidad
en versos haiku,
haciendo suyo el espíritu de Ao Cabo,
de la fotografía,
del arte,
y de la amistad.
 
 
 
 


miércoles, 15 de agosto de 2012

Probas previas

Unha exposición da magnitude de Ao Cabo atópase respaldada por moreas de horas invertidas no proxecto. Centrándonos na labor do artista, este traballo supuxo unha dedicación de 12 meses nos que non só se capturaron imaxes, senón que existiu un proceso de meditación e investigación a priori.

Unha vez formulada a contundente idea arredor da que se construiría o panorama visual de Ao Cabo e localizadas as paraxes a retratar, o seguinte paso a dar era o de atrapar coa cámara fotográfica o momento exacto do lugar dende a posición correcta. Isto provocou a repetición da mesma fotografía en diferentes horas do día, con distintas condicións meteorolóxicas e dende varias perspectivas.

1. Imaxe orixinal

Isto non remata aquí senón que, unha vez capturada a imaxe desexada, someteuse a diferentes tratados ata alcanzar a fotografía final. En numerosas ocasións, logo do longo proceso de fotografiar e tratar a imaxe, foi inevitable o descarte de aqueles resultados que Juan Louro non considerou axeitados. Parte das fotografías apartadas deste proxecto son as publicadas no post Dúbidas Razonables.

Velaiquí un exemplo dos diversos virados feitos a partir de outra das imaxes non aceptadas para Ao Cabo:







¿Ti descartaríala? ¿Que virado che gusta máis? ¡Podes contestarnos en Twitter!

jueves, 9 de agosto de 2012

INTRODUCCIÓN E BENVIDA

  Supoño que despois de tantos meses de traballo de apoio, é hora de que eu tamén me pronuncie sobre a importancia que ten para min o facerme responsable dun proxecto como AO CABO.


     Cando Juan Louro me falou por primeira vez da idea na que estaba traballando, deseguida soupen que non era unha iniciativa baldeira de contido. Cando vin as primeiras imaxes non tiven dúbida de que todo o camiño que tiñamos por diante pagaría a pena mais tarde ou mais cedo.
    
     E así,meses despois daquela primeira conversa, traballando a diario, en conexión permanente Ézaro-Ourense, chegamos a este punto no que estamos a piques de rematar como se merece o que parecía un futuro inalcanzable, abrindo as portas dun Museo.

     Haberá tempo para que os visitantes valoren a poética das imaxes, a súa dureza, a intensidade dos interrogantes que quedan no ar. Chegará pronto o momento en que o observador saiba que as cousas feitas con sosego e tenacidade acadan diferenzas incuestionables con aquelas outras que son froito da improvisación e da presa.

    Pero ahora toca dar as grazas aos que, ó longo deste tempo se foron sumando á creenza de que AO CABO ía ser unha exposición punteira no Outono Fotográfico 2012, con calidade suficiente para ser mostrada nun dos espazos expositivos principais da cidade, cuxo nome levará alá donde vaia ó longo do percorrido que se está proxectando nestes intres.

     Así, quero amosar o meu agradecemento á Concellalía de Cultura, por darnos a posibilidade de inaugurar Outono dunha forma tan relevante, e mostrarnos o seu apoio dende o primeiro momento. Á persoa responsable de que todo esto sexa unha realidade, Eva Torres -Directora do Museo Municipal, e Técnica de espazos expositivos de Ourense- non só pola fé que sempre tivo en nós, senon polos consellos regalados  en cada paso, e que ao cabo... son os que mais valen.

     Por descontado ó Outono Fotográfico, sen o traballo de tantos anos, de tanta xente e tantas ilusións sostidas, non sería posible ter chegado a ser o referente fotográfico que somos neste país.

     Ó concello de Dumbría por dar soporte e financiación a unha idea que naceu entre ondas de mar bravo e ventos de nordés. Ninguén mellor para darlle sentido e proxección a unha zona que debe ser posta no mapa dos lugares imprescindibles que todos deberíamos coñecer.

     A LúaLG (Orballa), polas infinitas horas dedicadas a interpretar o sentir dun proxecto do que é responsable a nivel visual. Fago un inciso neste nome e no traballo desta xove deseñadora, porque estou segura de que antes do que pensamos, acadará un espazo propio feito a base de talento e traballo no panorama artístico galego. Toda a imaxe externa, é súa. Todo o traballo e a louvanza que merecen...tamén.

    E a todos os que de eiquí para adiante, formarán parte deste colectivo de apaixoados da fotografía, convencidos de que o primeiro paso para conseguir un soño cumprido, é querer que se cumpra.

......... Vémonos!







lunes, 6 de agosto de 2012

DÚBIDAS RAZONABLES


O mais complicado dunha exposición non é só acertar coas imaxes que se mostran, senon superar as dúbidas de que as que se deixan no camiño poderían merecer estar no mesmo sitio...







jueves, 7 de junio de 2012

AO CABO

Falar da exposición Ao Cabo… supón replantexar os conceptos visuais tópicos  asociados á beleza amplamente coñecida  dunha zona dun valor estético indiscutible, que se  ten mantido ó longo dos séculos da mesma forma enxebre e senlleira.

A Costa da Morte, é unha franxa tradicionalmente comprendida entre os municipios de Carnota e Malpica,  cun enclave mítico que os romanos consideraban o fin do mundo, Fisterra, que enche de  contido épico a beleza e singularidade do lugar.

Pero é tamén un sitio de desordes meteorolóxicos, de catástrofes ecolóxicas e de absoluto illamento do resto do pais. Pensan algúns que a Galicia mais abandonada, ven sendo a interior; a Galiza costumbrista e tradicionalmente esquencida dos plans de proxección turística e dos avances económicos e sociais. Con todo,  a Costa da Morte, segue a ser un reducto de singulares  características a nivel antropolóxico e cultural.


Terra e mar xúntanse nun lugar único que amosa un carácter forxado a forza de soidades infinitas e bágoas intermitentes.

A intención desta exposición quere ir mais alá dunha proxección convencional a  nivel paisaxístico, que xa ten sido difundido en infinidade de mostras fotográficas, para tentar achegarse ó sentir real dun pobo que vive e sofre a falta de espectativas e que, farto de escoitar promesas de Dourados que chegarán, mira cara o futuro con desconfianza, escepticismo e resignación.

            Ser quen de achegarse á alma dun pobo, supón un exercicio de introspección equilibrado e racional; por parte do fotógrafo -quen é parte desa comunidade-  para desmitificar historias que forman parte da memoria colectiva e amosar dunha forma visualmente descoñecida, a proxección futura de quen moitas veces ten a sensación de vivir nun esceario marabilloso, do que non sabe xa qué cousas esperar.

Así pois,  coa base  estética da morea de barcas que morren varadas na area ou  nas rochas en calquera recuncho da costa, Juan Louro construe un panorama estético, mesturando fotografía conceptual -apuntalada nas suas fortes bases tradicionais-, e técnicas de edición contemporánea que dotan ás imaxes dun ar de misterio, certa angustia e desasosego.




¿Que foi de…? Quere ser a cuestión  reiterada que uns e outros seguen a preguntarse, e que casi nunca ten resposta:
- ¿Qué foi dos proxectos que ian vir?
- ¿Qué foi dos recursos que iamos ter?
- ¿Qué foi do traballo para as xeneracións vindeiras?
- ¿Qué foi da riqueza do mar?
- ¿Qué foi dos nósos soños?

Retórica sen dúbida que segue a ser unha parte do pensamento colectivo.

A utilización dos procedementos monocromos ou virados lixeiros,  reviste de sentido as fotografías, fortemente influidas polos conceptos e estética expositiva a nivel internacional, para enriquecer o conxunto, con pinceladas a cor, que cambian por completo o plantexamento primario e ofrecen unha perspectiva incerta pero necesaria.




O conxunto de 20 imaxes, en tamaño 100 x 70, quere verse completado coa impresión dalgunhas pezas en caixas de peixe de madeira antiga, para incorporar a nivel efectista obxectos cotiás da vida de onte, que incomprensiblemente xa non forman parte do dia a dia, e que tampouco foron substituidos por outros novos ou mellores…